• Virus del VIH

    Desde que el SIDA fue descrito por primera vez en 1981, más de 20 millones de personas han muerto y decenas de millones viven actualmente con esta enfermedade

  • Requiem for a dream

    Película del año 2000. Dirigida por Darren Aronofsky y protagonizada por Jared Leto que narra la vida de cuatro personajes sometidos a la cruda dependencia de las drogas.

  • ¿Cuántas enfermedades puede engendrar nuestra cabeza?

    El suicidio figura entre las 20 causas de muerte más importantes a todas las edades a nivel mundial. Cada año se suicidan casi un millón de personas.

lunes, 9 de mayo de 2016

Sabemos onde estamos e quen somos e que estamos vivos.
Se non puidésemos ver o mundo que nos rodea nin sentir as sensacións nin escoitar os ruídos que probablemente xeran xaneta... como saberiamos onde estamos, quen somos...

Certo é que hai moitas enfermidades que afectan a estes sentidos que se atopan enrugados e agochados nalgún lugar perdido da sociedade actual, pero é hora, de que teñan polo menos un oco, aínda que sexa neste Blog.

Síndrome de Riley-Day
Perdída da sensación da dor. As persoas que sofren este trastorno non saben cando se atopan nunha situación de emerxencia e perigo. Soamente cando a dor é palpable no exterior, como unha hemorraxia, unha queimadura... Mais se é algo interno, no se pode detectar a patoloxía.
Imaxinádesvos unha persoa con cegueira que padeza Síndrome Riley-Day?

Ageusimia
Enfermidade non hereditaria, consecuencia ou ben do tabaquismo ou de radioterapia en cabeza e pescozo, efectos secundarios de fármacos e un longo etc que provocan a perda do gusto nunha gran medida.


Requiem For A Dream



Película do ano 2000 cuxa BSO é moi coñecida e transmite a dureza do filme. Dirixida por Darren Aronofsky (Director de "Black Swan" película que recomendo nesta entrada)  e protagonizada por Jared Leto, Jennifer Connelly, Marlon Wayans e Ellen Burstyn.  
Fiel reflexo da drogadicción, da toxicomanía arraigada á pel humana. 
Harry (O protagonista) posúe unha vida coma calquera outra persoa ata o momento no que se cruza coa droga nun primeiro plano  no que el é reducido a un sinxelo punto de fuga.   
O amor, a familia e a amizade iranse esnaquizando xunto coa súa vida. 
A sindrome de abstinencia subxace en case tódolos protagonistas no momento no que consumir se converte nalgo imposible. A sudorización e os choros non serán un pozo de resistencia para que deixen o seu consumo e cicatricen as feridas das súas miserias. 
Foi nominada a un Globo de Ouro e a un Oscar pola actuación de Ellen Burstyn. 
IMBD puntuou  esta película cun 8,4/10. Eu, persoalmente, doulle unha valoración de 9/10 e considero destacable a actuación de Jennifer Connelly. 

Deixovos o trailer, mais non recomendo o seu visionado pois pode a ver algún "spoiler".












lunes, 1 de febrero de 2016

A continuación tento facer unha listaxe de dez películas que se deberían ver polo menos unha vez na vida. Películas que tratan sobre enfermidades físicas e tamén psiquicas.
As valoracións non seguen ningún outro patrón que non sexa o propio gusto persoal e a adaptación deste ao tema a tratar no Blog.
Dito isto... Disfrutade destas dez películas.

10. Silver Linings Playbook
(Máis coñecida como "El lado bueno de las cosas")
Puntuación: 8/10


Gañadora dun Oscar a mellor actriz (Jennifer Lawrence) e 8 nominacións a éste a parte de gañar un Golden Globe Award pola súa gran interpretación entre outros. Esta película non destaca só por esta intérprete e iso notouse no Festival de Toronto e no Festival de Hampton onde levou o premio do público á Mellor Película.
Foi unha película que conmocionou á meirande parte dos espectadores e non deixou ningún amargo sabor de boca.
Despois de pasar unha longa estancia nun centro de saúde mental por agredir ao amante da súa mujer, Pat interpretado por Bradley Cooper (Actor que participa na película recente "Joy")  regresa ao seu fogar con seus pais (Robert De Niro e Jacki Weaver). Despois de tentar recuperar a súa ex-muller todo cambiará cando coñece a Tiffany (Jennifer Lawrence) unha rapaza chea de problemas.


9. Memento
Puntuación: 8,1/10

Película do ano 2000 nominada a dous Oscars e un Globo de Ouro. Dirixida polo gran Christopher Nolan que tenta transmitir a sensación de descoñecemento ao espectador. O protagonista Leonard, é incapaz de reter recordos por máis de varios minutos. Polo que deixa de saber ao momento que estaba a facer, e a desubicación é a estrea da súa vida. Leonard ten todo o corpo tatuado e guiase por fotografías para saber que estaba facendo, pero sobre todo, para saber quen foi o asasino da súa muller, do cal quere vingarse. 
O mellor desta película é que á vez que o protagonista deixa de recordar, ti tamén deixas de recordar con el, xa que hai múltiples flashbacks e alteracións no tempo. 








                                                       8. Donnie Darko  
Puntuación: 8,2/10


                                                                                      Película do 2001. Protagonizada por Jake Gyllenhaal.
Donnie esperta por mor dunha rara voz que o leva ata un campo de golf onde conversa cun coello, e tamaño humano chamado Frank. Este explícalle que o mundo rematará en 28 días, 6 horas, 42 minutos e 12 segundos (Creo que agora xa é un pouco menos). Durante a película móstrase un personaxe esquizofrénico e sonámbulo... Pero que pasará co mundo?

Adxudico unha das cancións que saen ao longo da película e que persoalmente me gusta:

Trailer Donnie Darko




7. Shutter Island
Puntuación: 8,4
 
Película baseada na novela de Dennis Lehane. Consigue un total de once premios e nominacións.
Eddy Daniels (DiCaprio) e Chuck Aule (Ruffalo) son destinados a unha remota illa para investigar a desaparición dunha perigosa asasina (Mortimer). Pronto descubrirán que o centro garda demasiados segretos, moitos dos cales se atopan nun mesmo.
Tolemia, incertidumes... escenas que conseguen abstraer do mundo ao espectador e introducilo dentro da película coa visión dunha persoa que non diferencia a realidade do seu mundo interior. 

Ver trailer





 








6. Black Swan 
(Coñecida en castelán como "El cisne negro")
Puntuación: 8,5/10

Dirixida polo gran Darren Aronofsky, o cal dirixiu e foi guionista de "Requiem for a Dream" (Película da que podedes atopar máis información facendo click aquí) e tamén produtor doutras moitas como por exeplo "The Fighter".
Está Protagonizada pola actriz Natalie Portman, gañodora dun Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas estadounidenses pro este papel. 
Natalie Interpreta a unha bailarina de ballet (Nina) que posúe unha gran rivalidade con Lily (Mila Kunis)
deberán realizar a composción de "O Lago dos Cisnes" que precisa dunha bailarina que poida interpretar ó inocente Cisne Branco e outra para interpreta ó Cisne Negro.
Preguntarédesvos que fai esta película neste blog e nesta clasificación de películas sobre enfermidades... Védea, e logo, logo probablemente me entendades.







5. Fight Club
(Coñecida como "El Club de la Lucha)
Puntuació: 9/10



Película protagonizada por Edward Norton e Brad Pitt e dirixida por David Fincher. 
O protagonista que permanece cun nome oculto e que moitas veces acude ao pseudónimo de Jack, padece de insomnio. Como se di nun momento da película "Cando padeces insomnio nunca estás  de todo durmido nin esperto de todo."A vida desde personaxe dará un xiro drástico cando comece a ir ás sesións de persoas con cancro. Vendo o sufrimento en terceira persoa darase conta de que os seus problemas non teñen mera importancia. Pronto se interporá na súa vida Marla (Helena Bonham Carter) e

Tyler Durden (Brad Pitt) facendo que todo cambie... Grazas ao Club da Loita.

Unha das cancións da BSO moi recomendada: 










4. The Shining ("El Resplandor")


Puntuación: 9,2/10





É unha coñecida película do ano 1980 Jack Torrance (Jack Nicholson) trasládase coa súa muller e seu fillo ao hotel Overlook, para encargarse do seu mantemento durante o inverno. Época na cal permance cerrado por mor da neve. O seu principal obxectivo é a calmae poder escribir unha novela.. Pero pouco a pouco comezará a pecharse en si mesmo e comezará a padecer inquietantes trastornos de personalidade nun habitáculo do cal non pode saír.
(É aconsellable vela en versión orixinal)

Trailer



Hai  moitas escenas coñecidas... como por exemplo:


































 3. One Flew Over the Cuckoo's Nest 
("Alguien voló sobre el Nido del Cuco.")
Puntuación: 9,4/10

Clásico. Clásico do 1975. Clásico de Jack Nicholson e clásico na vida de calquera persoa que lle guste o cine. película gañadora de moítisimos premios (5 Oscars, 5 Globos de Ouro,  6 Premios BAFTA...). Cambiou o cine da época. 
Randle McMurphy (Jack Nicholson) é un home condenado por asalto, recluido nun hospital psiquiátrico. A crúa disciplina esixida xerará grandes desordes, o caos inminente entre pacientes e e persoal de traballo. Mostrará os límites do ser humano.

(Aconsellable vela en V.O)

Trailer










                                             2. The Elephant Man                                                  Puntuación: 9,5/10

Clásico do 1980. A película está baseada nunha historia real de joseph Merrick, un home gravemente deformado.
Se a idea é boa, a elaboración mellor, grazas a  John Hurt e Anthony Hopkins (Coñecido por intrepretar a Hannibal Lecter entre outros personaxes).
É unha película dura, crúa e difícil. Trata a dor humana que nos podemos aportar uns a outros de maneira irracional. Burlas. Risos....
O Dr Frederick descubre nun circo a un home chamado John Merrick. Un cidadán coa cabeza monstruosamente deformada que vive nunha situación humillante de exhibicionismo.


 Trailer 





 The machinist 
Puntuación: 9,6/10

Trevor Reznik é un empleado dunha fábrica que padece dende hai un ano un grave problema de insomnio e problemas alimenticios fisicamente palpables. A súa vida é triste e depresiva por algunha razón descoñecida. A súa vida dará un xiro cando coñeza a Iván, un home misterioso, pero un misterio mellor ca el. 
Trevor garda un segredo. Un segredo que para poder revelar, é preciso que el primeiro o asuma. Pero é complicado, con Iván de por medio.

Película dirixida por protagonizada por Christian Bale (Que gañou o premio a Mellor Actor no Festival de Cine de Sitges por esta película) o cal tivo que facer unha dieta demasiado estrita  para realizar este papel:


















viernes, 22 de enero de 2016

Moitas son as horas mortas que lle adicamos á televisión, a ler o xornal, a informarnos inconscientemente de como é realmente a realidade, e sen decatarnos moi ben de como, regalámonos os ollos sabendo o que é estar fundidos na laceira aínda que esteamos no cénit do prólogo da nosa boa vida.

As series son un dos piares que nos tentan mostrar as diferentes situacións ás que moitas persoas teñen que enfrontarse día a día.

5. American Horror Story: Freak Show

Puntuación: 5/10


American horror Story: Freak Show é a cuarta tempada da serie American Horror Story.
cada tempada ten unha temática independente. Así como a primeira fala das estrañezas que ocorren nunha vella mansión, a segunda dos problemas mentais, a terceira de meigas, a cuarta nárranos a crúa vida que teñen que levar as persoas que naceron con diversas malformacións.
Mostra as diferenzas sociais, o maltrato, o auxe marxinal das xentes que permanecen nos recunchos da sociedade (É como se fose unha nova versión do término "Intrahistoria" creado por Miguel de Unamuno).
Unha siamesa, un home xigante, unha muller barbuda e outra sen pernas (Jessica Lange) entre outros personaxes, mostrarán a vida no circo e o que é exporse coma monstros diante de espectadores burlentos.
Serie cunha temática sanguenta e terrorífica que mostrará os valores sociais mesturados co medo que poida orixinar a ficción... e máis aínda se hai paiasos de por medio.


4. Narcos

Puntuación: 6/10


Serie producida e dirixida por integrantes de Netflix, Estreada en agosto de 2015. A temática principal é o narcotráfico. Mostra todo o que pode chegar a mover a toxicomanía e como a dependencia é algo que a certas persoas pode chegar a favorecer. Aínda que soamente se estreara unha soa tempada de momento, non nos deixa con indiferenza.



3. Hannibal 
Puntuación: 7/10


Serie que rematou sendo cancelada no 2015. Con tres tempadas téntase ensinar  máis  a personalidade de Hannibal Lecter e a súa falta de sentimentos. Demasiados primeiros planos da psicopatía e dos incontrolables trastornos mentais para un espectador cun gran nivel de sensibilidade.



2. Dexter 
Puntuación: 8,5/10


Baseada no libro El Oscuro Pasajero de Jeff Lindsay. Serie rematada no 2013 con 8 temporadas.
O personaxe principal (Michael C. Hall) é un forense especializado na análise do sangue no Departamento de Policía de Miami. Tamén é un bo irmán, mozo, padrastro e amigo. Pero... Agocha un segredo, unha enfermidade que non consta en ampuntar algunha extremidade, non é neurastenia.. Un desexo quizais. Unha necesidade mellor dito, provocada por un trastorno antisocial da personalidade. (Personalidade psicopática)  que fará que se converta nun asasino en serie.



1. Breaking Bad 
Puntuación: 9/10


Cancro. Dor. Represalias á pobreza sen obtención dalgún beneficio. Podería ser parte do prólogo da  biografía de Walter White (Bryan Cranston) un frustrado profesor de química. Pai, marido, polifacético nunha vida atarefada. Unha vida tristeira onde o cancro rouba minutos de vida... Segundos (Namentres escribía esto xa foron catro segundos...cinco... seis...).
Walter White precisará da axuda dun antiguo alumno seu chamado Jesse Pinkman (Aaron Paul) o cal lle axudará a poder fabricar cristal nunha característica caravana.
Pero isto traerá consigo mil problemas... Conseguir vendedores. Blanquear diñeiro. Calar bocas na rúa e esquivar a un cuñado que pertence á DEA. 
Unha serie cun fondo arrasador coma un furacán. Percibiremos o desgaste que provoca nunha persoa o cancro. A dependencia á heroína. Sobredoses...
Catro nominacións aos Emmy no 2008.  No 2009, 2010, 2012 e 2013 faise con 5 premios Emmy e por último gaña na 71 edición dos Golden Globe Awards na categoría de mellor serie dramática e Bryan Cranston como mellor actor dramático.
Lembra sempre a Walter White... Lembra a Heisenberg... Lembra...






Total Pageviews

Con la tecnología de Blogger.

My Blog List

Popular Posts